Tipo de Tarefa
Hai diferentes tipos de tarefas
Actividade fóra de liña -esta é útil cando a tarefa é realizada fóra da plataforma. Os estudantes poden ver unha descrición da tarefa, pero non poden subir arquivos. O profesorado pode cualificar a todos os estudantes, con todo, os estudantes recibirán notificacións das súas cualificacións.
Actividade en liña -este tipo de tarefa permite a todos os estudantes subir un arquivo (de calquera tipo). Este podería ser un documento realizado cun procesador de textos ou unha imaxe, un sitio web comprimido ou algo que lles pediu que remitan. O profesorado pode cualificar directamente as tarefas remitidas deste xeito.